martes, 16 de abril de 2030

Benvid@s!



Ola a tod@s! Son Adán! Invítovos a navegar por este novo blog educativo, no que vou ir engadindo recursos, tarefas, creacións propias...Como ben sabedes, neste curso 2019-2020 imos traballar abondo con el, dadas as circunstancias actuais. Nel poderedes atopar entradas relacionadas coa aprendizaxe de linguas en Educación Primaria, e nel poderemos establecer contacto para aprender, resolver dúbidas, compartir traballos...Se ides ao menú, poderedes escoller pestana para ir directamente á materia e ao curso que vos interese. Os documentos, recursos e demais que vaia compartindo, estarán na entrada coa data correspondente, o que vai servir para que poidades organizar o voso traballo como se dunha axenda se tratara.É tamén un lugar onde poderemos compartir aquelas creacións que vaiades facendo para que as vexades tod@s aínda que non esteamos na mesma aula física.Así que comezade a investigar nos primeiros documentos aquí compartidos e aprendede a navegar polo blog coma se dun libro se tratase. Canto máis participedes, máis preto imos estar! Ánimo!